Saturday 18 de May de 2024

Gala do I Circuíto de Carreiras de Montaña Trail Galaica


O vindeiro sábado 21 de xaneiro celebrarase a Gala do I Circuíto de Carreiras de Montaña Trail Galaica, que terá lugar no Teatro Elma, ás 20.00h.
O Concello da Pobra do Caramiñal acollerá a Gala do Circuíto Trail Galaica 2016, un Circuíto que pechou a súa andaina o pasado mes de decembro no Concello de Noia. Sete Concellos foron os integrantes nesta edición de 2016: Ames, Sanxenxo, A Pobra, Muros, Boborás, A Baña e Noia.
Na Gala, que presidirá o alcalde do Concello da Pobra Xosé Lois Piñeiro, entregaranse os galardóns aos mellores atletas do Circuíto, tanto absolutos, como das categorías establecidas no regulamento do circuíto. Alberto Carou Carril e Tania Silvelo Pallín foron os gañadores absolutos, os cales estarán acompañados no podio por Santiago Vázquez Collazo, Xosé Antón Barreiro Pereira, Marga Moreno Fernández e Raquel Castiñeiras Pereira.
Tamén serán entregados os premios aos 3 mellores equipos dunha competición de moda como as carreiras de montaña.
O Circuíto Trail Galaica volverá a visitar o Concello da Pobra en maio de 2017, nesta ocasión como Campionato de Galicia de Trail, sen dúbida a cita estrela do circuíto na presente edición que dará comenzo o domingo 26 de febreiro.